SATSE denuncia que a nova Unidade do Ictus do CHUO comeza sen o número adecuado de profesionais

OurenseXa
Ante o inicio de actividade en vindeiras datas da Unidade de Ictus en Ourense SATSE denuncia a falta de persoal e esixe unha dotación de enfermeiras que asegure un bo funcionamento da nova unidade que se vai por en marcha.  
CHUO_hospital_Ourense
6 Feb 2024

O Sindicato de Enfermaría, SATSE en Ourense reclama o CHUO que incremente o número de profesionais na unidade de Ictus que próximamente comeza a funcionar no Hospital, para que ésta non comece na precariedade e asegure o bo funcionamento.  

O SATSE lamenta que a implementación deste servizo, tan necesario na área sanitaria, sexa solo de xeito administrativo e de protocolos de actuación. O Sindicato esixe que a súa posta en marcha debe ir do aumento do número de profesionais necesarios para o desenvolvemento da citada actividade posto que ésta supón unha maior necesidade de vixiancia do doente e un maior número de controis.   

Se ben é certo que a unidade “4ª Norte” verá aumentado o seu persoal, este será sólo no turno de tarde, debido á redución horaria e a causa dunha necesidade asistencial plantexada hai anos, non solventando a precariedade da atención que sofren os profesionais tanto na mañá coma na quenda de noite.   

Resulta chamativo que unha unidade de semellante valor asistencial se dote só de xeito administrativo e con medios diagnósticos, non así do persoal que, a pe de cama, e durante as 24 horas deben garantir e vixiar a seguridade e administrar os coidados aos doentes, sendo neste caso unha necesidade de control de xeito mais riguroso pola propia patoloxía dos doentes que ata que a unidade se poña en marcha son derivados a outras áreas sanitarias de referencia.   

Dende o Sindicato de Enfermaría, agardamos que a Xerencia reflexione e dote ao servizo do persoal sanitario necesario para o desenvolvemento seguro e de calidade desta unidade.   

0.21913409233093