SOS Sanidade Pública Ourense retoma a súa actividade cunha asemblea veciñal

OurenseXa
Reclaman unha sanidade pública e digna para todos e todas, e evitar o “desmantelamento” do sistema sanitario na comarca
sos-sanidade-publica-ourese
8 May 2025

A plataforma SOS Sanidade Pública Ourense reactivou a súa actividade este mércores, 7 de maio, cunha asemblea veciñal para analizar a situación actual da sanidade na comarca. As principais reivindicacións céntranse no traslado dos pacientes do Novoa Santos e na situación da atención primaria.

O traslado dos pacientes do Hospital Novoa Santos, que será derrubado para dar paso ao novo Centro Integral de Saúde (CIS) de Ourense, está a xerar moita controversia. Mentres o Sergas asegura que o proceso non afectará nin a pacientes nin a traballadores —que serán reubicados noutros centros, como o do Couto—, son moitas as voces que cuestionan a forma en que se está a xestionar a situación. Por unha banda, os pacientes serán dispersados por distintos centros sanitarios, o que supón un problema engadido: as dificultades de conexión con eses centros. Por outra banda, coas obras aínda sen comezar, descoñécese a data na que se iniciarán os traslados.

Ante este panorama, SOS Sanidade Pública Ourense retoma a súa loita en defensa dunha sanidade pública e digna para todos e todas, e para evitar o “desmantelamento” do sistema sanitario na comarca.

⚙ Configurar cookies
0.16130685806274