Taboadela abre o prazo para inscribirse na 'Aula Concilia Verán 2024'

OurenseXa
As actividades, dirixidas a nenos e nenos de entre 4 e 16 anos empadroados no concello de Taboadela, terán lugar entre o 24 e 0 28 de xuño
campamentos-amencer
Campamentos de verán
28 Maio 2024

O Concello de Taboadela organiza a 'Aula Concilia Verán 2024' coa finalidade de proporcionar actividades de carácter educativo e lúdico e facilitar a conciliación da vida laboral, familiar e persoal ao longo do periodo comprendido entre o remate das clases e o comezo do campamento de verán.

As actividades, dirixidas a nenos e nenos de entre 4 e 16 anos empadroados no concello de Taboadela, terán lugar entre o 24 e 0 28 de xuño entre as 9.00 e as 13.00 horas no espazo da Biblioteca Municipal.

O prazo para presentar as solicitudes comeza este martes, 28 de maio, e rematará 7 de xuño, ámbolos dous incluídos. A atividade conta cun máximo de dez prazas que se asignarán por onde de inscrición. O listado provisional de admitidos publicarase o 12 de xuño.

0.20003700256348