Taboadela organiza un concurso de búsqueda en diccionarios para a rapazada

OurenseXa
O obxectivo é incentivar o uso dos diccionarios tradicionais fronte ás novas tecnoloxías
Biblioteca Taboadela
9 sep 2024
A Biblioteca Pública Municipal de Taboadela organiza un concurso de búsqueda en diccionarios para incentivar ás novas xeracións a non deixar de lado os diccionarios tradicionais.
"Somos conscientes de que as novas tecnoloxías están relegando aos métodos tradicionais. Por iso facemos este divertido concurso", sinalan dende a organización.
Os participantes terán que ir superando probas, en equipo, para chegar ata o final e coñecer aos gañadores ou gañadoras.
O concurso está destinado á rapazada de entre 9 e 18 anos e terá lugar o venres, 27 de setembro, entre as 17.00 e as 19.00 horas. Os interesados poderán anotarse presencialmente na Biblioteca, a través do correo bibliotecataboadela@gmail.com ou por teléfono no 988 209 566.
0.20303416252136