Toén prepárase para acoller o IV Concurso de Pinchos 'A Bocados'

Toén acollerá, por cuarto ano consecutivo, o seu concurso de pinchos 'Toén a Bocados 2024', que desenvolverase entre o 5 e o 6 de xullo e etre o 12 e 13 de xullo.
Durante esta edición serán oito os establecementos adheridos ao concurso. Ademáis, desde o Concello informan de que todos os residentes empadroados en Toén poderán participar nun sorteo para ser xurado do concurso, sempre e cando non sexan familiares directos de ningún dos establecemeentos participantes.
O xurado deberán probar os pinchos de cada un dos locales e asistir a unha reunión de deliberación que terá lugar o 14 de xullo ás 20.00 horas na Casa do Concello.
O prazo para presentar as solicitudes para ser xurado remata este xoves, 4 de xullo, cando terá lugar o sorteo para elixir ás persoas seleccionadas.