Últimos días para participar no V Certame Literario Concello de Taboadela

OurenseXa
O prazo de presentación de traballos remata este domingo, 11 de maio
libros-recursoo
8 May 2025

O Concello de Taboadela, en colaboración coa Biblioteca Municipal, organizaron unha vez máis este ano o ‘Certame de Relato Curto Concello de Taboadela’, que celebra a súa quinta edición.

A iniciativa está dirixida a mozos e mozas de entre 8 e 17 anos, co obxectivo de fomentar a lectura e a escritura en galego entre a mocidade. Ademais, ao igual que na pasada edición, inclúese tamén unha categoría para persoas adultas maiores de 18 anos.

Este certame, xa consolidado no municipio, pretende poñer en valor a creación literaria e recuperar o interese pola lectura e a escrita, especialmente entre os máis novos, nun contexto no que as novas tecnoloxías están a desprazar estas actividades culturais.

A semana do 17 de maio, coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas, daranse a coñecer os nomes das persoas gañadoras.

Desde o Concello destacan que este tipo de iniciativas son fundamentais para manter viva a lingua e a cultura, e animan a todos e todas a participar. O prazo de presentación de traballos remata este domingo, 11 de maio.

⚙ Configurar cookies
0.13597393035889