Un total 7.000 ourensáns participaron no que vai de ano en actividades de saúde comunitaria

Un total 7.000 ourensáns e ourensás de todas as idades participaron, no que vai de ano, nalgunha das 270 intervencións de saúde comunitaria organizadas polo persoal de atención primaria, para mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención ou coidado da enfermidade nos barrios, concellos, colexios ou colectivos de pacientes de cada centro de saúde.
A prevención e a promoción son piares básicos do noso sistema sanitario, empoderar os pacientes, facelos corresponsables das decisións que afectan á súa saúde, traballar ca comunidade, saír das catro paredes dos centros de saúde é, unha necesidade prioritaria.
Dende os centros de saúde da Área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco, levase traballando anos en esta dirección, traballo que se veu reforzado ca elaboración dos plans de saúde local, a posta en marcha da estratexia de saúde comunitaria, ou a consolidación de novas categorías profesionais como son as dietistas-nutricionistas.
Durante o ano 2024 leváronse a cabo 905 intervencións comunitarias nas que participaron
17.140 persoas. En estas intervencións participaron 170 profesionais de atención primaria incluíndo enfermeiras, enfermeiras especialistas en familiar e comunitaria, enfermeiras especialistas en pediatría, nutricionistas, matronas, hixienistas, odontólogos, médicos, pediatras, EIR, MIR, traballadoras sociais, fisioterapeutas, PSX e farmacéuticos, cá colaboración de alumnos, técnicos de emerxencias sanitarias, enfermeiros especialistas en saúde mental e psicólogos.