Unha alumna da UVigo acada o podio no Campionato Europeo Universitario de Powerlifting
A fin de semana, do 1 ao 3 de marzo, en Nancy, Francia, celebrouse o 2024 European Classic Powerlifting University Cup, o Campionato Europeo Universitario de Powerlifting. Nel, Sofía Martínez, egresada da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense e actualmente alumna do Mestrado en Aeronáutica, acadou podio en tres categorías. Pola súa banda, David Pereira, alumno de cuarto curso do Grao en Organización Industrial, da Escola de Enxeñaría Industrial do campus de Vigo, non entrou entre os tres primeiros pero si mellorar as súas marcas persoais.
Sofía Martínez acadou unha segunda posición en sentadiña (con 135 kg) e en peso morto (con 162,5 kg) e un terceiro posto na categoría -57, cun total de 360 kg, informan dende a UVigo.
Tamén participou neste Campionato Europeo Universitario de Powerlifting 2024 o alumno da UVigo David Pereira, que levantou en sentadiña 205 kg, en press banca 127,5 kg e en peso morto 260 kg (categoría -93).