Unha trintena de estudantes do CEIP Padre Feijoo-Zorelle participarán nun encontro interxeracional da man de Afundación
OurenseXa
A iniciativa forma parte do programa ‘Fálame da emigración’, que propicia o encontro entre maiores e mozos de toda Galicia para compartir experiencias e dialogar

Encontros interoperacionais de Afundación
22 Feb 2025
Afundación desenvolve o seu programa interxeracional «Fálame da emigración» na cidade de Ourense. A iniciativa, enmarcada na liña estratéxica «O valor da experiencia» da Área de Maiores de Afundación, ten como obxectivo poñer en valor a traxectoria vital e profesional das persoas maiores a través de programas que beneficien a outros grupos da sociedade.
O vindeiro luns 24 de febreiro celebrarase no CEIP Padre Feijoo-Zorelle, a partir das 11.00 horas, un encontro con 30 estudantes de 4º de ESO. Nesta xornada as persoas voluntarias, socias do Espazo +60 de Ourense, dialogarán na aula sobre a experiencia dos maiores na emigración e a visión de ambos sobre o pasado e presente dos movementos migratorios.