Vilariño, en Pereiro de Aguiar, estará de festa desde o venres 19
A localidade de Vilariño, en Pereiro de Aguiar, estará de festas a fin de semana do 20 e 21 de xullo na honra a Santa Cristina e Santa Mariña.
O programa dará comezo o venres 19, ás 19.00 horas, cun pasarrúas a cargo dunha banda de gaitas e, pola noite, serán Galilea e Disco Móvil Show os que se encarguen da verbena da noite onde, ademais, haberá un sorteo.
O sábado, a festividade comezará pola mañá, cunha misa, ás 12.00 na honra ás santa para, seguidamente, dar paso a unha sesión vermú con Tiro á Chave e BCB como protagonista, que terá dobre sesión ás 21. 00 horas.
Pola tarde haberá un campionato de poxado e xogos para os máis pequenos e, xa pola noite, a orquestra Panamá e Disco Móvil Show encargaranse da verbena da noite.
O domingo, o oficio relixioso será ás 13.00 horas e actuarán novamente BCB e Tiro á Chave na sesión vermú. Pola tarde o campionato de poxado será á mesma hora e ás 18.00 haberá un partido de solteiros contra casados.
Mar de Arouse será o que amenice a verbena de fin de festa.