Viva Suecia, primeiro cabeza de cartel confirmado para o Ouren Sound Fest 2025

OurenseXa
O Ouren Sound 2025 festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio
Viva Suecia
Viva Suecia
14 Out 2024

Viva Suecia súmase ao cartel do Ouren Sound 2025, que festexará o seu décimo aniversario entre o 22 e o 25 de maio no complexo Deportivo de Monterrei, en Pereiro de Aguiar.

Está é a primeira cabeza de cartel confirmada para esta nova edición, a segunda que se celebrará fóra da capital ourensá logo de ter que cambiar de localización tras a decisión do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, de non colaborar coa organización. O festival víase obrigado a abandonar o recinto de Bemponsta logo de oito anos e trasladábase ao concello veciño apenas un mes antes da súa celebración.

A edición de 2025 promete ser unha das máis ambiciosas da historia do festival. Ata o de agora están confirmadas as actuacións de artistas como Xoel López, Siloé, ou Sexy Zebras, entre outros, e proximamente darase a coñecer o cartel definitivo. 

O Ouren Sound reuniu a máis de 10.000 persoas durante  a súa última edición, que levou a Pereiro de Aguiar a algúns dos artistas máis relevantes do panorama nacional como Arde Bogotá, Shinova, Sidonie ou Tanxugueiras.

Consulta o cartel provisional do Ouren Sound Fest 2025

 

0.2014799118042