'Voces Femininas' regresa ao Teatro Principal de Ourense o 22 de novembro
OurenseXa
Sanny Caster, Elena Setien y Saint Saviour conforman o cartel deste ano
9 Nov 2024
'Voces Femininas' regresa un ano máis a Ourense cun cartel composto por Sanny Caster, Elena Setien e Saint Saviour. As artistas darán un concerto o 22 de novembro ás 20.00 horas no Teatro Principal.
Este ano, o festival cumpre 16 anos, con 17 edicións, apostando por talento feminino.
'Voces Femininas' naceu en 2008 como un espazo no que dar cabida a grandes intérpretes e compositoras de todo o mundo, reivindicando o talento de toda unha xeración de artistas e facéndoo de forma festival.