Xantar 2024 regresa a Expourense entre o 24 e o 27 de outubro

OurenseXa
Como novidade, a feira deste ano acollerá o I Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia
Xantar 2024
Xantar 2023
20 Out 2024

Xantar, a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Feiras Comerciais Internacionais” españolas, regresa ao recinto de Expourense entre o 24 e o 27 de outubro.

Cunha traxectoria de 25 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, Xantar converteuse nun referente para os destinos gastrónomicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal.

Como novidade, a feira deste ano acollerá o I Campionato de Tortilla de Patacas de Galicia, que terá lugar o venres 25 de outubro e que se dividirá en dúas modalidades: Tortilla de Patacas Tradicional (con ou sen cebola) e Tortilla de Patacas “Con”, sendo esta unha modalidade na que á tortilla pode engadírselle un ou dous ingredientes adicionais, sempre que estes non supoñan máis do 10 % da elaboración e non desvirtúen a concepción dunha tortilla de patacas. Esta modalidade foi engadida á edición do ano pasado do Campionato Nacional de Tortilla, e cultivou unha excelente aceptación por parte dos participantes.

0.1895911693573