Xunqueira de Ambía organiza un Magosto Popular para á veciñanza
OurenseXa
A cita terá lugar o vindeiro sábado, 9 de novembro
2 Nov 2024
O Concello de Xunqueira de Ambia, en colaboración coa ANPA Padre Crespo e a Asociación de Mulleres Rurais Xuncos, organizan o vindeiro sábado, 9 de novembro, un ‘Magosto Popular’ para festexar o outono entre a veciñanza.
A cita comezará ás 19.00 horas no Campo da Festa e os asistentes poderán gozar das tradicionais castañas asadas, chourizo, pan e viño. A xornda estará amenizada por un grupo de música popular.
Desde a organización sinalan que, en caso de choiva, a festa trasladarase ás Escolas Vellas.