Novas de Xunqueira de Espadanedo
Máis de 200 ciclistas percorrerán a Ribeira Sacra na V edición da Cycling Road
O evento celebrarase o próximo domingo, 21 de setembro, e percorrerá os concellos ourensáns de Pereiro de Aguiar, Esgos, Xunqueira de Espadanedo, A Teixeira, Parada de Sil e Nogueira de Ramuín
A olería galega e portuguesa dáse cita no XI Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia
O evento, que se celebra ata o 16 de agosto en Xunqueira de Espadanedo, reúne a destacados artesáns con demostracións, obradoiros e música tradicional
O ciclo ‘Entre formas e palabras’ levará a este sábado a Xunqueira de Espadanedo unha sesión centrada na danza
A sesión será moderada pola coreógrafa e xestora cultural Paula Quintas
Os socialistas de Ourense destacan a importancia estratéxica do viño para o desenvolvemento da provincia
O PSdeG de Ourense vén de concluír unha rolda de encontros coas Denominacións de Orixe para coñecer as súas necesidades
A Deputación de Ourense organiza un torneo popular de baloncesto 3x3 aberto a todas as comarcas da provincia
A competición, gratuíta e para todas as idades, comezará o 12 de agosto con cinco xornadas en distintas sedes
O presidente provincial fai balance dos seus dous anos de mandato
Menor destacou a xestión orzamentaria e aposta polo termalismo, o deporte ou a cooperación cos concellos entidades como algunhas das liñas fundamentais durante os últimos anos, e insistiu no obxectivo de reforzar o plan CooperOU no que queda de mandato
Os socialistas esixen medidas ante a expansión do chancro nos castiñeiros da provincia de Ourense
Alertan de que a situación está provocando “perdas severas” na produción de castaña e nas rendas das familias da montaña do rural
A Xunta garante que a candidatura da Ribeira Sacra “ten todo ao seu favor para conseguir ser declarada Patrimonio Mundial”
Así o aseverou na súa intervención o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, no foro ‘A paisaxe cultura da auga da Ribeira Sacra’, celebrado en Monforte de Lemos
A Deputación de Ourense aprobou 75.000 euros en axudas a entidades culturais, sociais e empresariais
Cáritas, o Consello Regulador da Ribeira Sacra, ou a Asociación Grupo Folclórico “Solpor” son algunhas das entidades que se beneficiarán destas achegas
A candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial entra oficialmente na súa recta final
Un grupo de consultores da UNESCO visitará en outubro a Ribeira Sacra no tramo final da candidatura, que xa forma parte das admitidas para ser avaliadas polo Comité Mundial da Unesco
A I Mostra de Gando Vacún Equino de Xunqueira de Espadanedo foi todo un éxito
O Campo de Fútbol de Xunqueira de Espadanedo acolleu as actividades, que incluíron sorteos, música, exposición de maquinaria e apeiros e un concurso de levantamento de alpacas
O programa de fomento deportivo da Deputación de Ourense regresa en 2025 ampliando a cobertura xeográfica
O Goberno provincial aumenta ata 90.000 euros o investimento para este programa co obxectivo de achegar a práctica deportiva e fomentar a actividade física e os hábitos saudables en toda a provincia
Xunqueira de Espadanedo acollerá un curso de hixiene dental para a veciñanza
Será o 30 de abril no salón de actos do Concello
O Ministerio de Transición Ecolóxica financiará con preto de 261.000 euros o proxecto Re-Habilita Rural Lab
Trátase dunha iniciativa para a rehabilitación e rexeneración do patrimonio rural destinada ao alugueiro social de mulleres, na que participan os concellos de Taboadela, San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos e Coles
Xunqueira de Espadanedo acolle un curso sobre o sistema público de saúde
Será este venres en horario de tarde no salón de actos do Concello
Mobilízanse máis de 600.000 euros para cooperación con concellos da provincia de Ourense
As axudas están destinadas á mellora de infraestruturas, servizos e obras
O grupo provincial socialista logra aprobar unha moción para mellorar os mecanismos de financiamento nos concellos
Álvaro Vila denunciou na Deputación a “situación crítica” que atravesan os municipios do rural ourensán que “sobre a base de partidas orzamentarias reducidas deben atender cada vez máis amplos e novos servizos”
Os museos etnográficos da provincia de Ourense protagonizan unha exposición no campus
Entre os museos e centros recollidos están o de Olería de Niñodaguia, o da Identidade de Chandrexa de Queixa ou o do Coiro de Allariz
Mobilízanse 784.524 en axudas a concellos, entidades deportivas e para o Plan Anual de Publicacións na provincia de Ourense
O goberno provincial sacou adiante tamén as bases reguladoras e convocatoria dun concurso para a selección de autores para a edición dun libro sobre a Vía da Prata
Máis de 250 socialistas de toda provincia reuníronse na IV edición de ConMemora
O PSdeG-PSOE de Ourense celebrou esta fin de semana a súa xuntanza provincial nun acto multitudinario no que se entregaron os premios ConMemora ao compromiso político
A Deputación de Ourense reivindica o potencial da provincia no eixo do turismo sostible
O presidente provincial participou nunha mesa de debate sobre turismo sostible, na que destacou os programas da Deputación en materia termal, así como outros atractivos da provincia, como a Ribeira Sacra, a estación de Manzaneda ou a Vía da Prata
Arredor de 6.000 veciños do rural ourensán poderán formarse en novas tecnoloxías
A Deputación de Ourense recibirá unha unha axuda 750.000 euros de financiación, a través dos fondos europeos Next Generation, paara levar a cabo esta iniciativa
Os 92 concellos da provincia de Ourense adaptaranse ao novo sistema de padrón en tempo real do INE
A finalización dos traballos está prevista para o 30 de setembro, e contempla a adaptación de todos os padróns da provincia á nova normativa, aos sistemas do INE e do Catastro
A Xunta fai pública a documentación da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial
A cidadanía poderá consultar a documentación relativa ao traballo de técnicos, expertos, veciños e axentes sociais que participaron na elaboración da proposta Ribeira Sacra: Paisaxe da auga




