OurenseXa
O Pleno de Barbadás aproba unha moción do BNG para reforzar a colaboración coa Asociación Cultural Loiro na Memoria
Os nacionalistas denunciaban que a subvención acordada para esta entidade reduciuse nos últimos anos e pedían manter os acordos asinados no convenio de colaboración entre a organización e o Concello
A Xunta fai un chamamento ao diálogo entre pais e profesores do IES As Lagoas
Aseguran que dende a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa estase a traballar activamente con todas as partes implicadas para buscar puntos de encontro e resolver as discrepancias existentes
Previsel celebra o seu 18 aniversario en Expourense con máis de 50 actividades
A cita, referente na formación especializada en prevención e seguridade laboral, desenvolverase durante os días 12 e 13 de marzo
O BNG de Ourense afea a Jácome que tardase “meses” en pronunciarse sobre o proxecto de conexión entre a N-525 e Barrocás
Para o grupo municipal do BNG “chama poderosamente a atención que ao longo de todos estes meses o Goberno Local estivera calado e mesmo desprezara as propostas que fixemos desde o BNG”
Continúan os traballos de limpeza nas marxes da OU-101 e da OU-104 ao seu paso por Maceda
Levaranse a cabo traballos de limpeza e roza de vexetación, así como reposición ou reparación de elementos de valado
O BNG de Barbadás pide que se cumpra o convenio asinado coa Asociación cultural Loiro na Memoria
Lembran que o convenio incluía, entre outras cousas, as visitas guiadas ao Museo Etnográfico de Loiro e o seu mantemento, así como o abono dunha subvención de 4.000 euros ao ano
A DXT inicia en Ourense unha campaña de control do uso do cinto de seguridade e sistemas de retención infantil
En Ourense, dende o 1 de xaneiro do 2024, perdéronse 3.132 puntos por esta cuestión
OurenseXa
Carmen Blanco: “O Club Ximnasia Pavillón atópase nun bo momento a pesar da carencia de instalacións axeitadas”
A presidenta do club ourensán, que xa está a preparar unha nova edición do seu tradicional Torneo de Primavera, explica como foi a evolución ao longo dos máis de trinta anos de historia
O BNG pide á Xunta que adopte medidas ante o anuncio de Cáritas de pechar a Escola Infantil “A Casiña”
Os nacionalistas presentaron unha iniciativa parlamentaria para instar á Xunta a buscar unha solución “para evitar que as familias deste barrio da cidade e as e os traballadores da mesma, queden sen este servizo básico”
Ourense promociona o turismo ecosostible na feira Biocultura
O expositor provincial pon o foco na Vía da Prata, os xeodestinos ourensáns Terra de Celanova-Serra do Xurés e Valdeorras e os ecobarcos do Ribeiro e o Xurés
Comezan en Allariz as XXI Xornadas para a Igualdade
Este sábado terá lugar o espectáculo musical "Soñando Inventei" na Casa da Cultura
Medio Rural pon en valor o labor levado a cabo polo Centro de Recursos Zooxenéticos de Galicia situado en Coles
O centro é o responsable da elaboración e desenvolvemento dos programas de conservación e fomento das razas autóctonas gandeiras galegas en perigo de extinción
Empresarias e traballadoras de Ourense reivindican a igualdade laboral no 50 aniversario do 8M
A presidenta da CEO destacou os avances logrados, pero insistiu na necesidade de eliminar a segregación de xénero no mundo laboral
GaliciaXa
Besteiro reivindica a igualdade real e avisa: "Non imos permitir nin un paso atrás"
A decana do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Belén Regueira, e a investigadora Mari Lires recollen os Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez nun acto marcado pola homenaxe á alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos
Avanzan as obras na futura residencia de maiores de Verea
O novo centro aloxará a 24 usuarios e contará cunha área para actividades, rehabilitación e comedor e outra para administración e consulta médica
Os socialistas acadan o apoio do pleno para instar ao executivo municipal a mellorar o servizo de limpeza viaria en Ourense
“Ourense non pode agardar a que o goberno local atope o tempo e o xeito de licitar correctamente os contratos actualmente en precario”, sentencia a voceira socialista
A UD Ourense busca reforzar a base do club
A directiva do club e o presidente da Deputación de Ourense mantiveron un encontro para analizar novas vías de colaboración e estratexias para impulsar o crecemento da base deportiva do club
O Espazo Violeta da biblioteca do campus de Ourense recibe un premio á igualdade
O Edificio de Ferro do campus acolleu a entrega do XIII Premio UViguala, que foi para Alejandra Babarro, Mercedes Pérez e Alba Portela, promotoras do Espazo Violeta da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro
Os representantes municipais da provincia participaron nunha xornada formativa para a prevención de incendios forestais
A Consellería de Medio Rural aproveitou o acto para informar e promover a adhesión dos concellos ourensáns aos convenios de colaboración en accións de defensa e prevención de incendios forestais
O programa ‘A Administración preto de ti’ chegará este ano a todos os concellos ourensáns de menos de 8.000 habitantes
O programa chegou xa a Esgos, Maceda, Castro Caldelas e A Mezquita, e está previsto que neste mes de marzo visite Amoeiro, Riós e Cenlle
O escritor Ángel Gómez escolleu Celanova para presentar a súa primeira novela
‘Los rumores de la tierra’ foi presentada na Casa dos Poetas nun acto que contou coa participación do guitarrista Miguel Fraile
O BNG de Esgos pide rehabilitar e dar uso ás vivendas sociais do Camiño Saramagal
A formación nacionalista sinala que o bloque de vivendas cedido á Garda Civil “só é utilizado parcialmente” e destacan a “infrautilización dun ben escaso e necesario como a vivenda”
ALCER Ourense atendeu a 160 persoas con enfermidade renal crónica en 2024
A través do programa ALCER Contigo, a asociación proporciona apoio e asesoramento ás persoas que padecen esta enfermidade na provincia




