OurenseXa
O PSdeG de Ourense reivindica o papel do socialismo galego na construción da autonomía
Baixo o título “O PSdeG pola auténtica autonomía”, a agrupación municipal xunto a Xuventudes Socialistas organizou un acto centrado na reflexión sobre o autogoberno galego e o papel do socialismo na súa consolidación
Down Ourense conmemora o Día Mundial do Síndrome de Down promovendo a sensibilización entre o alumnado
O alumnado do Colexio Plurilingüe Divino Mestre e do CEIP Curros Enríquez de Celanova participou esta semana en actividades para romper estereotipos cara ás persoas con esta alteración cromosómica
46 familias beneficiaranse este ano das axudas á natalidade do Concello de Pereiro de Aguiar
O programa "Benvido ao Pereiro" destina 250 euros por fillo ou filla para fomentar a natalidade e apoiar ás familias do municipio
O Ouren Sound 2026 contará cun recinto exclusivo para nenos
‘Ouren Sound Kids’ preséntase como unha opción de ocio para que os máis pequenos podan gozar do seu propio festival, con xogos, inchables e obradoiros
Xunqueira de Ambía inaugura a súa nova residencia de maiores
O centro, que contou cunha inversión de 1,7 millóns de euros financiados entre a Xunta e a Deputación de Ourense, contará con 50 prazas
Dous alumnos de Ourense e A Coruña logran o primeiro e segundo posto na LXII Olimpíada Matemática Española
Pablo Freire, del IES As Lagoas de Ourense, alzouse coa medalla de ouro e representará a España no internacional en Shanghai, mentres que Liss Marian Estévez, do IES Monte das Moas da Coruña, obtivo prata na categoría xeral e ouro na feminina
O PSdeG-PSOE da bisbarra de Ourense avanza na elaboración das candidaturas cara as municipais de 2027
Os socialistas apostan por medidas orientadas a fixar poboación e o reforzo dos servizos sociais
A Casa dos Poetas acolle este venres a presentación do novo libro de Jorge Emilio Bóveda
Trátase de 'As Portas Condenadas', a oitava publicación do autor ourensán
Ourense celebrará este domingo o San Lázaro coa tradicional Queima das Madamitas
Os gaiteiros e cabezudos animarán as rúas do centro durante a mañá e haberá postos de rosquillas e produtos tradicionais no Parque de San lázaro xa dende o sábado
Resultados históricos para o Club Marbel no Europeo de Jiu Jitsu
Os ourensáns Felipe Iglesias e Xermán Rodríguez proclamáronse campións de Europa en Dúo Show e subcampións en Dúo System
A área de xogos do parque José Cornide será renovada cun investimento de máis de 46.000 euros
Os traballos comezarán previsiblemente o vindeiro luns e consistirán na instalación de novos elementos de xogo, a renovación do pavimento e a instalación de novos elementos de delimitación e sinalización
A veciñanza de Nogueira de Ramuín participou nun taller de Ecopercursión da man da Asociación Ecos de Moura
O encontro, que abriu o calendario de actividades socioculturais 2026 da asociación, estivo dirixido polo músico e percusionista Didier Díaz
Nove concellos ourensáns activan a xeolocalización de vivendas para impulsar a rehabilitación no rural
Trátase dunha inciativa enmarcada no proxecto RE-HABITA RURAL LAB, na que participan San Xoán de Río, Porqueira, Boborás, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo, Oímbra, Esgos, Taboadela e Coles
O TSXG avala a supresión dos premios de xubilación ao persoal do Concello de Ourense
A resolución xudicial rexeita a reclamación presentada por un ex traballador municipal que solicitaba o cobro desta gratificación
Nove colexios ourensáns participan no programa ‘Pasando a bóla’ contra o acoso escolar
A actividade combina representacións teatrais participativas co diálogo entre alumnado e profesorado, buscando a reflexión crítica e a implicación directa dos estudantes na resolución de conflitos
Aberta a convocatoria para participar no Concurso de Carteis da Verbena do Rella 2026
A Asociación Cultural Rebulir ten aberto ata o 25 de marzo o prazo para enviar as propostas
A Comisión do Transporte Metropolitano impulsará un proxecto piloto nos concellos limítrofes de Ourense
O acordo permitirá definir o número de liñas, as paradas, as frecuencias, a afección que tería nas liñas de transporte interurbano, así como os custes asociados
A Xunta enxalza o papel de Down Ourense a favor da inclusión
O delegado territorial, Manuel Pardo, felicitou a Down Ourense por consolidarse como unha entidade de referencia na provincia na atención ás persoas con discapacidade ao longo dos últimos vinte anos
A Feira Inspiro regresa a Ourense co foco posto no emprendemento
O encontro interxeracional entre o tecido empresarial e os diferentes modelos formativos de Galicia celebrarase o 25 de marzo en Expourense
O Ximnasia Burgas logra un podio completo na Copa Galicia 2026
O club ourensán brillou na categoría Alevín Base, co primeiro posto para Moraima Nóvoa e Erea Diz, o segundo para Lola Ferrer e Celtia Rodríguez e o terceiro para Carla Varela xunto a Lía Iglesias
SATSE denuncia recortes nos criterios de vacacións e permisos para 2026 na Área Sanitaria de Ourense
O sindicato de enfermería presentou unha impugnación contra a resolución ao considerar que as novas normas “aínda máis restrictivas que en anos anteriores”
O BNG de Ourense rexeita o orzamento do CMD e denuncia a falta de informes “básicos”
Os nacionalistas consideran que as contas presentadas polo equipo de Goberno de Pérez Jácome son “continuistas” e carecen do informe da Intervención municipal
A mostra “Marzo todo o ano” regresa á Sala Valente para amosar o talento das artistas ourensás
25 artistas plásticas da provincia expoñen as súas obras ata finais de maio nesta mostra conxunta
RibeiraSacraXa | OurenseXa




