OurenseXa
O Pereiro de Aguiar impulsa a ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey cun investimento de preto de 2 millóns de euros
As obras avanzan ‘a bo ritmo’ para aumentar a capacidade do centro ante o crecemento do alumnado, mentres o Concello mantén como prioridade a demanda dun novo instituto
A CIG acusa a Textil Lonia de tentar sinalar á representación sindical como culpábel do conflito laboral
O sindicato cualifica de ‘improcedente e xuridicamente incorrecto’ o comunicado interno da empresa e lembra que os ‘servizos mínimos’ só poden fixarse en actividades esenciais e pola autoridade competente
GaliciaXa
Galicia mantén unha intensidade baixa e tendencia decrecente na onda da gripe
Nesta campaña vacináronse xa contra a enfermidade máis de 876.000 persoas
Amoeiro organiza unha viaxe en bus para ver 'Memorias dun neno labrego' en Santiago
A saída será o 15 de xaneiro ás 15.40 h desde o Campo do Souto
Avaría nunha liña de media tensión deixa sen luz a varios núcleos de Barbadás, Toén e San Cibrao
O corte de subministración débese a unha incidencia na rede da compañía distribuidora e as persoas afectadas poden avisar chamando ao 900 333 999
OurenseXa
Vilamarín aproba de forma definitiva unha ordenanza para protexer os camiños municipais nas sacas de madeira
A norma obriga a avisar ao Concello con antelación e a deixar unha garantía económica para cubrir posibles danos, con multas de ata 3.000 euros se non se cumpre
O delegado territorial da Xunta en Ourense aborda co alcalde de Taboadela posibles colaboracións para proxectos municipais
Manuel Pardo e Álvaro Vila analizaron necesidades do concello en materias competencia da Administración autonómica e coincidiron na importancia da cooperación institucional
Un incendio arrasa a parte antiga dunha vivenda en Taboadela e obriga a desaloxar ós residentes
O lume declarouse de madrugada en Abeledo, afectou tamén o tellado dunha casa lindeira e mantivo aos equipos de extinción traballando durante horas
A Oficina de Turismo de Allariz pecha ao público ata o 30 de xaneiro
O servizo permanecerá sen atención presencial desde o 7 de xaneiro ata o 30 de xaneiro, ambos días incluídos, e as consultas poderán facerse a través da web municipal
Arquivada a peza da operación Pokémon en Ourense contra Paco Rodríguez, Fernando Varela e o exxefe da Policía Local
O Tribunal de Instancia conclúe que non hai indicios sólidos de cobros de Vendex a cambio de favores na ORA e na grúa, aínda que o auto é recorrible
O PSdeG estima en 120.000 os doentes de covid persistente e pide consultas de enfermería especializadas
Elena Espinosa alerta do abandono asistencial tras o peche da última unidade de enfermería en Ourense e reclama atención específica en todas as áreas sanitarias
A Furgoteca regresa a Verea con dúas rutas e paradas en varios núcleos do concello
A biblioteca móbil da Xunta visitará o municipio os días 8 e 23 de xaneiro con horarios pechados en lugares como a Casa da Cultura, Bangueses, Cexo ou San Martiño
OurenseXa
A neve volve ás zonas altas de Ourense e obriga a extremar a precaución nas estradas
Cabeza de Manzaneda rexistrou case 10 graos baixo cero e a DGT informou este mércores 7 de xaneiro de incidencia por neve en vías como a OU-0704 (Cova-Cabeza de Manzaneda) e a OU-122 (Casaio)
O Concello de Verea revisa as normas para acceder ás vivendas sociais municipais
As bases están en exposición pública e a veciñanza ten 15 días hábiles para presentar alegacións ou suxestións
Pazolandia pecha o seu 30 aniversario con preto de 26.000 visitantes no Paco Paz
O parque de lecer familiar do Nadal en Ourense sumou 25.578 accesos, reforzou a súa aposta pola inclusión e atraeu familias chegadas de Galicia e doutras provincias como Madrid, Sevilla ou Barcelona
OurenseXa
Vilamarín organiza unha xincana infantil para atopar os 'agasallos perdidos' na Casa da Cultura
A actividade, programada para o 7 de xaneiro, forma parte dos obradoiros de Nadal 2025-26 e propón un xogo de pistas e probas para a cativada, con inscrición previa
O BNG arroupa a tractorada en Ourense contra o pacto UE-MERCOSUR e advirte dun ‘golpe’ ao agro galego
Ana Miranda cualifica o tratado de ‘moi prexudicial’ e Secundino Fernández alerta de que, xunto coa nova PAC, pode traer recortes de fondos europeos e frear a remuda xeracional no rural
Visita guiada ao Castro de Trelle para coñecer os achados da campaña arqueolóxica de 2025
A actividade celebrarase este sábado ás 12.00 horas e permitirá descubrir de primeira man os resultados das últimas escavacións
Últimos días para enviar as fotos ao Concurso de Mecos dos Farrumecos de Sobradelo
A proposta anima a crear un meco, colgalo polas aldeas do concello e participar coas imaxes antes de que peche o prazo, con premios en tres categorías e un lote de Entroido en xogo
Angelina Núñez, veciña de Quintela de Leirado, presentará o seu primeiro libro en Celanova
A presentación supón o debut literario de Núñez coa obra 'Dominicana. Post Tenebras'
A Peroxa acollerá un obradoiro para aprender a realizar un pandeiro a cargo de Xosé Maceda
Será o 11 de xaneiro no Centro Sociocultural de Celaguantes
GaliciaXa
Elas e Eles solicita o amparo da Valedora do Pobo ante a expansión de plantas industriais de biogás
A asociación achega argumentos técnicos e xurídicos cos que sostén que a normativa vixente resulta insuficiente para as características do territorio galego
Últimos días para participar no XIII Concurso de Fotografía de Nadal 'San Cibrao en Nadal'
O Concello de San Cibrao das Viñas anima a veciñanza a enviar unha imaxe orixinal e inédita sobre estas festas antes de que peche o prazo




