OurenseXa
Ourense promociona o seu patrimonio prerrománico na Casa de Galicia en Madrid
Pezas do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense expoñeranse ata o 25 de xaneiro na mostra “Arte prerrománico en Ourense”
O Concello de Ourense carga contra a nova pasarela do Barbaña
Denuncia que a estrutura presenta “problemas de seguridade e salubridade” e lamenta que a Xunta non tivese en conta a súa petición de colocar unha malla metálica baixo a pasarela para impedir o acceso a ese espazo e evitar posibles riscos para a cidadanía
GaliciaXa
Arancel, escollida palabra do ano 2025 pola Fundeu
A gañadora impúxose a outras once candidatas relacionadas coa enerxía, o medioambiente e, en xeral, as catástrofes naturais
San Cibrao das Viñas celebra este sábado o seu Concerto de Nadal
Estará a cargo da Banda de Música Municipal de San Cibrao das Viñas e será aberto e gratuíto para toda a veciñanza
O Club Natación Escualos e o Campus de Ourense organizan o 4º Festival de Natación Campus Auga
A competición está aberta a todas as persoas que queiran participar e terá un carácter solidario
As cinco concelleiras do PSOE de Barbadás deixan o grupo de goberno tras a denuncia por presunto acoso contra o alcalde
Victoria Morenza Doforno, Marga Pérez Fernández, Ana Belén Peleteiro Prieto, Noemí Pintos Fondevila e María Elisabet González, seguirán formando parte do partido e do grupo municipal socialista
Finalizadas as obras da senda do Barbaña tras un investimento de 5,4 millóns de euros
O novo itinerario de 4 quilómetros atravesa puntos clave da cidade, como a estación intermodal, o pavillón Paco Paz, a avenida das Caldas, a praza de Abastos e o paseo do Barbaña
A Deputación e o Sergas colaborarán para impulsar programas de fitness terapéutico no Paco Paz
Ambos organismos asinaron un convencio que permitirá que pacientes pertencentes a colectivos terapéuticos definidos polo Sergas participen sen custo en programas de actividade física deseñados segundo a súa patoloxía
A Real Banda de Gaitas de Ourense presenta o seu tradicional concerto de Nadal
Será o próximo 27 de decembro no Santuario de Nosa Señora dos Remedios de Vilamaior do Val e poderase seguir vía streaming
O PP celebrou a última Xunta Directiva provincial do ano co foco posto nas municipais de 2027
O PP remata 2025 cun total de 12 xestoras en marcha na provincia: Barbadás, Xinzo de Limia, O Carballiño, Allariz, Ourense, Taboadela, Amoeiro, Verín, Celanova, Maceda, O Irixo e Montederramo
Padrenda organiza este venres unha festa de Nadal aberta a todos os públicos
Haberá colchonetas inchables, postos de trenzas, actividades de globoflexia e unha discoteca móbil
San Cibrao das Viñas recibirá preto de 120.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética da escola infantil municipal
Os traballos consistirán na renovación da envolvente térmica e na optimización do consumo enerxético do edificio
Esgos levará á veciñanza a Pazolandia o vindeiro 30 de decembro
As persoas interesadas en asistir a esta actividade poden anotarse ata o día 22
O PP de Barbadás pide a dimisión de Valcárcel e esixe a convocatoria inmediata dun pleno
Consideran insuficientes as respostas dadas polo alcalde de Barbadás e alertan da delicada situación na que queda a corporación municipal
A Rede Provincial de Auditorios consolídase como motor cultural en Ourense con 56 concellos adheridos
No ano 2025, a Deputación destinou 150.000 euros a esta inicativa, coa que se realizaron máis de 110 actuacións nos distintos espazos culturais, cunha asistencia global que superou os 7.500 espectadores
O BNG saca adiante no Senado unha iniciativa para recuperar as comunicacións nas zonas afectadas polos incendios
A moción céntrase especialmente na situación de varios municipios das provincias de Lugo e Ourense, onde os lumes danaron infraestruturas clave de telecomunicacións
A Casa dos Poetas de Celanova despide 2025 con poesía venezolana e unha sesión de curtametraxes
Será este sábado, 20 de decembro, coa presentación de ‘Andares y sentires. Voces en diáspora’ e ‘Curtas para o día máis curto’, que incluirá traballos recoñecidos ou nominados nos Premios Goya
A Biblioteca de Maceda organiza unha nova sesión de xogos de mesa
A "Mesa Compartida" deste xoves terá lugar ás 17:30 horas cunha sesión de Patry & Co para público xuvenil
Cachamuíña estrea un parque infantil totalmente renovado e accesible
Estas intervencións enmárcanse no conxunto de actuacións impulsadas pola Deputación na contorna do encoro, que superan os 560.000 euros de investimento
A Asociación de Veciños do Couto recibe preto de 17.000 euros para mellorar a súa sede
A axuda está orientada a optimizar a accesibilidade do recinto, así como a introducir melloras relacionadas coa eficiencia enerxética e a seguridade
Barbadás organiza unha semana chea de música para celebrar o Nadal
O programa comeza este xoves coa actuación de Música e Movemento & Coro no Local Fonval
Valcárcel nega “radical e tallantemente” as acusacións de acoso laboral e denuncia falta de información sobre a denuncia
O alcalde de Barbadás critica que o secretario xeral do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, solicitase a súa dimisión publicamente
Esgos apraza ata este venres o obradoiro de manualidades de Nadal
Será o 19 de decembro ás 17:30 na biblioteca




