132 clubes deportivos ourensáns beneficiaranse das axudas da Xunta
A Xunta apoia a actividade de máis de 1.300 entidades deportivas cun investimento de 2 millóns de euros executado a través da convocatoria de axudas para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado (NADE) de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas subvencións e establece tamén os prazos para presentar as solicitudes e documentación xustificativa das dúas liñas que integra.
Trátase, por unha banda, de 1.309 clubs que se distribúen preto de 1,8 millóns de euros da primeira liña da convocatoria, con contías de ata 10.000 euros por entidade beneficiaria. Do total de clubs beneficiarios, 489 son da provincia da Coruña, 167 da de Lugo, 134 da de Ourense e 519 de Pontevedra.
En Ourense, as achegas máis altas son para o Ourense Club de Fútbol S.A.D (6.408,75 euros), a Unión Deportivo Ourense (4.109,43 euros), o Club de Tiro Olímpico Eiroás (3.864,82), o Club Voleibol San Martiño (3.766,97 euros), a Escola Deportiva Ourense (3.669,13 euros) e o Club Ourense Baloncesto (3.424,52 euros). En total, 68 clubs da cidade recibirán estas axudas, que ascenden a máis de 112.0oo euros na capital.