50.000 euros por unha praza de funcionario: continúan os audios sobre a presunta corrupción dos Baltar

OurenseXa
O Diario Público vén de publicar unha nova información que desvelaría unha presunta red corrupta dentro da Deputación de Ourense durante os anos nos que a familia Baltar estivo ao fronte da institución
pazo-provincial-deputacion-de-ourense-recurso
Pazo Provincial da Deputación de Ourense
8 Maio 2024

O Diario Público vén de publicar unha nova información que apuntaría a una presunta trama de corrupción dentro da Deputación de Ourense durante os anos nos que os Baltar estiveron ao fronte da institución provincial.

Según un novo audio ao tivo acceso o medio, a Deputación colocou supostamente durante anos a militantes do PP e os seus familiares en postos de funcioanrio  dentro da institución a cambio de pagos aos Baltar que chegaban aos 50.00o euros.

Ademáis, según informa Público, non dos audios tamén se escoitaría unha conversa na que un dos cargos intersábase por consolidar a praza do seu fillo, que levaría abonados xa uns 12.000 euros. No audio, o interlocutor advertiría que, para eso, debería abonar a mesma cantidade.

O citado medio publicaba onte o primeiro dos audios, que datan de 2008, cando José Luis Baltar era presidente da Deputación de Ourense, e no que se fala, presuntamente, de pagos millonarios e regalos aos Baltar a cambio de empregos. Concretamente, o diario publica que durante os anos nos que a institución estivo dominada polos Baltar, podíase obter unha praza de funcionario a cambio dun Rolls-Royce.

José Luis Baltar foi presidente da Deputación de Ourense dente o ano 1990 ata 2010, cando cedeu o cargo ao seu fillo, José Manuel Baltar, que estaría a cargo da institución provincial ata 2023.

0.17059397697449