700 escolares ourensáns participaron na actividade "Xadrez na Escola"

OurenseXa
Xadrez na Escola é unha iniciativa que ten como obxectivo achegar os nenos e as nenas esta modalidade deportiva
xadrez-na-es-escola-ourense
Programa Xadrez na Escola
30 abr 2024

Setecentos escolares da cidade participaron na actividade Xadrez na Escola, organizada pola Concellería de Educación do Concello de Ourense durante o curso 2023/2024. O colexio Padre Feijóo acolleu esta mañá o acto de clausura, ao que asistiron a concelleira Tamara Silva, o presidente do Club Xadrez Ourense, Elías González, e a monitora e adestradora internacional de xadrez, Yudania Hernández Estévez, xunto coas nenas e nenos deste centro educativo, que recibiron os seus diplomas por participar na actividade.

Xadrez na Escola é unha iniciativa que ten como obxectivo achegar os nenos e as nenas esta modalidade deportiva. Desenvolveuse en diferentes centros educativos da cidade, coa participación de 700 alumnos e alumnas de 6ª de Infantil e 1º a 4º curso de Primaria.