A AECC Ourense organiza un partido solidario polo Día Internacional sen Fume

OurenseXa
Baixo o lema “Deporte e saúde en lugar de fume”, a cita terá lugar este domingo no Palacio de Deportes Paco Paz cun amigable entre os Veteranos da Federación Galega de Baloncesto e os Veteranos do Valencia Basket
baloncesto-soliidario-aecc-ourense
26 May 2026

A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense celebrará o vindeiro 31 de maio un evento deportivo e solidario con motivo do Día Internacional sen Fume, unha iniciativa enmarcada no seu programa de prevención e promoción de hábitos de vida saudables.

Baixo o lema “Deporte e saúde en lugar de fume”, a cita terá lugar ás 17.00 horas no Palacio de Deportes Paco Paz e contará cun partido amigable de baloncesto entre os Veteranos da Federación Galega de Baloncesto e os Veteranos do Valencia Basket.

A iniciativa busca fomentar hábitos saudables e sensibilizar a poboación sobre a importancia de previr o consumo de tabaco a través do deporte e a convivencia.

As entradas estarán dispoñibles en modalidade Fila 0 e tamén poderán adquirirse na sede da AECC Ourense, situada na rúa Doutor Marañón 21; na oficina da AECC Ourense en Santa María Nai; e no propio Paco Paz o día do evento.

Para reservas e información, as persoas interesadas poden contactar nos teléfonos 900 100 036 e 665 399 251.

0.12871479988098