A agrupación de voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas recibiu preto de 213.000 euros da Xunta

OurenseXa
Máis de 41.400 euros se corresponden con gastos de funcionamento e os 171.500 euros restantes na dotación do material necesario para as súas intervencións
proteccion-civil-baños-de-molgas
Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas
4 Feb 2025

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, a agrupación de voluntarios de Protección Civil de Baños de Molgas para coñecer as súas demandas e comprobar o apoio recibido por parte da Xunta nos últimos anos.

O Goberno galego leva investidos case 213.000 euros neste colectivo, dos que máis 41.400 euros se corresponden con gastos de funcionamento e os 171.500 euros restantes na dotación do material necesario para as súas intervencións. Entre o equipamento cedido nos últimos anos destacan unha carpa, remolques, vehículos pick up ou unha coitela quitaneves e un esparexedor de sal para actuar en caso de nevaradas ao tratarse dun municipio incluído no Plan de Protección Civil ante o risco de nevaradas en Galicia (Plan Nega).

Santiago Villanueva, destacou o compromiso da Xunta cos servizos de emerxencias dos concellos galegos con 18 millóns de euros destinados nos últimos anos en apoio ás 235 agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Galicia integradas por máis de 4.000 persoas. Desta cifra, 14 millóns van dirixidos a reforzar o equipamento destes colectivos e os 4 millóns restantes para colaborar nos custos de funcionamento. No caso da agrupación de Baños de Molgas incidiu no seu importante traballo na atención ás incidencias rexistradas no concello e no control o aforo en eventos como a tradicional romaría dos Milagres no verán, ou de xeito máis inmediato, as celebracións deste Entroido.

0.19040417671204