A agrupación local do PSdeG de Ourense volverá a participar na Festa dos Maios por cuarto ano consecutivo

OurenseXa
Convidan á cidadanía a formar parte do proceso de elaboración do seu maio, que será exposto este venres e co que buscan recadar fondos para a Asociación Española Contra o Cancro, Igaxes e Por Eles TEA
os-maios-psoe-ourense
29 Apr 2026

A agrupación local do PSdeG-PSOE de Ourense participará, por cuarto ano consecutivo, na tradicional Festa dos Maios, unha cita para a que convidan á cidadanía a formar parte do proceso de elaboración do seu maio, que terá lugar os días venres 1 e sábado 2 na sede do partido, a partir das 17:00 horas.

Trátase dunha actividade aberta e participativa, que busca fomentar a convivencia, o traballo colectivo e a posta en valor dunha das festas máis representativas de Ourense. Coa participación nesta tradición, os socialistas queren reafirmar o seu compromiso coa cultura popular e as tradicións da cidade.

O resultado deste traballo poderá verse o domingo 3, ás 11:00 horas, na Rúa do Paseo, onde terá lugar a celebración da Festa dos Maios, un evento que cada ano reúne a veciñanza arredor da creatividade, a música e a tradición.

Desde o PSdeG-PSOE de Ourense animan a todas as persoas a sumarse a esta iniciativa e a gozar dunha xornada festiva que forma parte esencial da identidade cultural da cidade.

Ademais, como xa é tradición, o recadado pola súa participación será entregado integramente a outra entidade con carácter social repetindo así a colaboración coa Asociación Española Contra o Cancro, Igaxes e Por Eles TEA.

0.13695287704468