A alerta por calor será amarela este martes na montaña de Ourense e zona de Valdeorras

GaliciaXa | OurenseXa
A Consellería de Sanidade lembra os principais consellos e recomendacións que debe seguir a poboación
mapa-alertas-calor-ourense-28-xullo
27 Jul 2026

Os datos remitidos por MeteoSalud e MeteoGalicia, no ámbito do Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas, actualizan para mañá martes, día 28, os niveis de alerta por episodio de calor segundo o indicado a continuación:

Zona de montaña de Ourense: nivel 1, amarelo.

Zona de Valdeorras: nivel 1, amarelo.

O mapa da Dirección Xeral de Saúde Pública, as recomendacións e o Plan de Actuacións da Xunta de Galicia fronte aos posibles efectos das altas temperaturas sobre a saúde, están dispoñibles nesta ligazón.

Valdeorras: O Barco de Valdeorras, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

Montaña de Ourense: O Bolo, Carballeda de Valdeorras, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Esgos, A Gudiña, Maceda, Manzaneda, A Mezquita, Montederramo, Parada de Sil, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, Riós, A Teixeira, A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, Xunqueira de Espadanedo.

0.12287998199463