A Asaltamontes Trial regresa a Nogeira de Ramuín
OurenseXa
Os participantes percorrerán este domingo, 11 de agosto, entre 14 e 31 quilómetros durante a proba que dará comezo na Casa do Concello

10 Aug 2024
Este domingo 11 de agosto terá lugar no Concello de Xunqueira de Ambiá unha nova edición do Trail e Andaina Asaltamontes Trail.
O evento arrancará a primeira hora da mañá diante da Casa do Concello e os participantes poden optar a tres modalidades diferentes: trail longo (31 quilómetros e un desnivel de máis de 1.600 metros), trail curto (14 quilómetros e un desnivel de máis de 800 metros) e andaina, que terá un percorrido de 14 quilómetros, inda que pode elixirse outro máis curto, de 7,5 quilómetros.