A Asociación A Casiña Artesanal de Coles reclama un servizo pediátrico digno no Centro de Saúde
OurenseXa
En colaboración coas AMPAS dos colexios de Cambeo, Amoeiro e a A Peroxa, veñen de rexistrar unha recollida de sinaturas ante o organismo competente da Xunta
PAC Coles, imaxe de de Google Maps
4 Dec 2024
A Asociación A casiña artesanal de Coles presentou rexistrou esta semana ante a Xunta de Galicia as firmas recollidas para esixir un servizo pediátrico digno no Centro de Saúde de Coles.
A recollida foi promovida por esta asociación en colaboración coas AMPAS dos colexios de Cambeo, Amoeiro e a A Peroxa.
Dende o Concello de Coles amosan o seu apoio a esta iniciativa que reclama un servizo de pediatría de calidade tras a suspensión do mesmo no verán.