A Asociación Cultural Agromadas convoca unha nova edición do Premio Freire Carril

OurenseXa
As candidaturas poderán presentarse ata o 15 de maio
festas-dos-foros
Festas dos Foros, Seixalbo
14 Apr 2025

A Asociación Cultural Agromadas convoca unha nova edición do Premio Freire Carril, un certame que premia dende o ano 2009 a aquelas persoas ou entidades que traballan polo ben común e pola posta en valor da cultura e das tradicións.

O prazo para presentarse estará aberto ata o 15 de maio. As candidaturas pódennas presentar, debidamente argumentadas, calquera persoa ou entidade. O xurado entregará un diploma acreditativo e unha figura con inscrición para o galardoado durante as Festas dos Foros de 2025.

⚙ Configurar cookies
0.15722012519836