A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia e o Concello de Barbadás lanzan I Certame Literario de Poesía “Alberto García Ferreiro”

OurenseXa
O prazo de admisión de obras remata o venres 29 de maio de 2026
Imaxe recurso poesía
19 Apr 2026

A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia, en colaboración co Concello de Barbadás, vén de convocar o I Certame Literario de Poesía “Alberto García Ferreiro”, unha iniciativa dirixida a fomentar a creación poética en lingua galega entre diferentes idades.
O certame establécese en tres categorías: a categoría A, para persoas maiores de idade; a categoría B, para participantes de 13 a 17 anos; e a categoría C, para menores de 13 anos. En cada unha delas premiarase un poema.

Os galardóns consistirán en 270 euros para a categoría A, 100 euros para a B e 60 euros para a C. Ademais, cada premio incluirá un diploma acreditativo, un agasallo conmemorativo e dous libros.
As obras deberán ser poemas orixinais, inéditos, escritos en galego e non premiados previamente noutros certames. A extensión máxima será de 40 versos na categoría A, 30 na B e 20 na C. As propostas poderán enviarse por correo ordinario á Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia ou á Casa Municipal da Cultura Manuel María da Valenzá (Barbadás). Tamén se admitirán envíos por correo electrónico a justocalvio@yahoo.es ou casacultura@barbadas.es.

O prazo de admisión de obras remata o venres 29 de maio de 2026 ás 14:00 horas. O xurado reuniráse o domingo 31 de maio para elixir aos gañadores e a entrega de premios celebrarase o sábado 6 de xuño de 2026 ás 18:00 horas na Casa da Cultura Manuel María da Valenzá.
Os poemas gañadores publicaranse na revista Fervenza da Cultura, así como nas páxinas web e redes sociais do Concello de Barbadás e da entidade organizadora, que se reserva tamén o dereito de difundilos noutros medios e publicacións.

0.12840580940247