A Asociación Cultural Rebulir presenta o seu novo curso de música e baile tradicional en Ramirás

OurenseXa
O Centro Cultural do Picouto acollerá o acto de presentación da nova edición, no que tamén se coñecerán as novidades do curso
Asociación Cultural Rebulir
10 Sep 2026

A Asociación Cultural Rebulir pon en marcha un novo curso adicado á música e ao baile tradicional, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en achegarse a este tipo de expresións culturais. A oferta formativa inclúe clases de acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, gaita e percusión.

Para dar a coñecer esta nova edición, a asociación organizou un acto de presentación que terá lugar o vindeiro 26 de setembro, ás 17.30 horas, no Centro Cultural do Picouto, en Ramirás. Durante o acto avanzaranse algunhas das novidades que traerá consigo este novo curso.

Quen estea interesado en participar xa pode ir reservando a súa praza a través dun código QR habilitado para tal fin, dispoñible antes da celebración do evento.

Dende a Asociación Cultural Rebulir animan a todas as persoas amantes da música e o baile tradicional a sumarse a esta nova proposta formativa, da que nos vindeiros días se irán coñecendo máis detalles.

0.16926002502441