A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura busca voces para crear unha nova Coral de Nadal

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A iniciativa estará dirixida polo cantante Popy Domínguez e percorrerá en decembro diferentes pobos e aldeas do municipio
ecos-de-moura-2
29 Aug 2026

Ecos de Moura promove en Nogueira de Ramuín a creación dunha Coral de Nadal aberta a todas as persoas interesadas en cantar e compartir a música durante as festas.

A iniciativa busca preparar un repertorio de panxoliñas tradicionais para realizar durante o mes de decembro un pequeno percorrido por diferentes pobos e aldeas do municipio. A intención é levar as voces da coral a igrexas, prazas e outros espazos nos que poidan ser recibidos, recuperando así a tradición de reunirse para cantar e celebrar en comunidade estas datas.

A proposta está aberta tanto a persoas con experiencia musical como a quen nunca cantase nunha formación deste tipo. Non será necesario ser cantante nin contar con coñecementos previos, senón ter ganas de participar, aprender e gozar da música en compañía.

A dirección da Coral de Nadal correrá a cargo do cantante Popy Domínguez, que se encargará de acompañar a preparación do repertorio e os ensaios da formación.

As persoas interesadas en sumarse á iniciativa poderán incorporarse á coral para contribuír a encher de música e ambiente de Nadal os pobos e aldeas de Nogueira de Ramuín durante o mes de decembro.

0.15877509117126