A Asociación Diabética Auria e a Agrupación Miño promove hábitos saudables entre a veciñanza de Reza

OurenseXa
Arredor dunha vintena de persoas participaron nunha xornada sobre alimentación, saúde e diabetes
charla-diabetes-veciños-reza
19 Apr 2026

O centro social da Asociación Veciñal Quince de Agosto de Reza acolleu esta semana un obradoiro centrado nos hábitos de vida saudable, a alimentación e a diabetes. A actividade enmárcase nunha iniciativa conxunta da Asociación Diabética Auria e da Agrupación Miño.

O obxectivo desta proposta é sensibilizar á poboación sobre a diabetes, ao tempo que se fomenta a adopción de hábitos de vida saudable e un envellecemento activo, especialmente no ámbito das asociacións veciñais da periferia e do medio rural.

Arredor dunha vintena de persoas participaron nesta actividade, que estivo aberta á veciñanza e que buscou reforzar a saúde comunitaria a través da información e da prevención.

0.12607002258301