A Asociación Española Contra o Cancro en Ourense organiza unha charla en Allariz sobre servizos e voluntariado

O Fogar do Maior de Allariz acollerá este mércores 10 de xuño, ás 19:00 horas, a charla “Programas, servizos e voluntariado”, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Ourense.
Durante a sesión daranse a coñecer os distintos recursos e programas de apoio que ofrece a entidade, así como as oportunidades de participación no seu voluntariado.
A actividade contará coa intervención de Patricia González e Belén Pérez, profesionais da asociación, que explicarán o funcionamento dos servizos e as vías de colaboración dispoñibles. A entrada será libre ata completar aforo.