A Asociación Española Contra o Cancro pide a colaboración cidadá para loitar contra a enfermidade

OurenseXa
A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense sae a rúa este xoves 9 de maio, Día da Colecta, para pedir apoio á cidadanía na loita contra esta enfermidade
aecc-dia-da-colecta-ourense
A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense festexa o 'Día da Colecta'
2 may 2024
A Asociación Española Contra o Cancro de Ourense festexa este xoves, 9 de maio, o Día da Colecta. Pacientes, voluntarios e socios sairon a rúa dende primeira hora mañá para pedir a colaboración de todos para impulsar a investigación en cancro, superar o 70% de supervivencia e seguir prestando o noso apoio ás persoas con cancro e as súas familias.
Os representantes desta asociación estarán ao longo do día en diversos puntos da cidade de Ourense coma Avenida das Caldas, Rúa Concordia, Praza Santo Ángel, Rúa do Paseo, CHUO, Rúa Xoán XXIII, Rúa Progreso, Avenida de Buenos Aires, Seixalbo, A Valenzá, Liceo Ourense, Velle, etc.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, quixo amosar o seu compromiso coa AECC participando, esta mañá nun dos stands.