A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos organiza unha xornada formativa o 4 de xullo en Maceda e A Pobra de Trives

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A actividade inclúe visitas técnicas e un xantar de irmandade con inscrición obrigatoria previa
xornada-agcs-maceda-trives
29 Jun 2026

A Asociación Galega das Castañas e dos Soutos organiza o vindeiro sábado, 4 de xullo ás 10.00 horas, unha xornada formativa gratuíta e aberta ao público que se desenvolverá en Maceda e A Pobra de Trives.

O punto de encontro será o Viveiro de Tragsa, situado en Maceda , onde as persoas participantes coñecerán de primeira man a produción de planta mediante métodos clásicos e biotecnolóxicos, con especial atención aos portaenxertos e á planta enxertada.

A continuación, a actividade continuará cun desprazamento ao monte veciñal en man común de Calvelo, no mesmo municipio, onde se realizará unha visita práctica a unha plantación.

A programación da xornada inclúe tamén un xantar de irmandade para todas as persoas asistentes. Xa pola tarde, o grupo desprazarase ata o concello da Pobra de Trives para realizar unha visita guiada aos tradicionais Sequeiros de Pena Folenche.

A asistencia ás actividades é de entrada libre e non é necesario ser socio da entidade para participar, aínda que a organización establece a inscrición previa obrigatoria por motivos de aforo e organización.

As persoas interesadas poden formalizar a súa participación chamando ao teléfono 661 952 289.

0.1335141658783