A Asociación Micolóxica Os Cogordos organiza unha saída micolóxica o vindeiro 30 de novembro

RibeiraSacraXa | OurenseXa
A cita conta coa colaboración do Concello de Nogueira de Ramuín e permitirá aos participantes adquirir coñecementos sobre as características e a recollida de cogomelos, así como mergullarse nos bosques da Ribeira Sacra
setas-cogomelos-micoloxia
Cogomelos
10 Nov 2024

A Asociación Micolóxica Os Cogordos de Ourense, en colaboración co Concello de Noguera de Ramuín, organizian o vindeiro 30 de novembro unha saída micolóxica en busca de cogomelos polos boques da contorna deste concello.

O prazo de inscirción está aberto a través do teléfono 988 201 023. O custo por persoa para esta actividade será de oito euros e incluirá petiscos e bebida. Os participantes deberán ir equipados con navalla e unha cesta para recoller o cogomelos. A activdade sairá da praza de Luíntra ás 9.45 horas.

A cita permitirá aos participantes coñecer máis sobre as características e a recollida de cogomelos, e supón unha oportunidade para mergullarse nos bosques da Ribeira Sacra.

0.14754319190979