A AVV Peliquín Catro Camiños acolle en Ourense un obradoiro sobre prevención de caídas e coidado da pel

OurenseXa
A sede veciñal foi escenario dunha xornada formativa orientada a fomentar o coidado da pel e os hábitos de vida activa e saudable
AVV Peliquín Catro Camiños
30 Sep 2026

A sede da AVV Peliquín Catro Camiños, integrada na Agrupación Miño, acolleu unha xornada formativa centrada na prevención de caídas e de úlceras. A actividade tomou forma de obradoiro e contou coa participación do equipo de atención primaria do Centro de Saúde de A Ponte, que foi o encargado de impartilo.

O encontro serviu para que as persoas asistentes se achegasen aos coidados da pel e aos hábitos de vida activa e saudable, dous aspectos clave á hora de evitar problemas de saúde que poden afectar á vida diaria das persoas.

Esta iniciativa enmárcase no programa de actividades comunitarias que a xunta directiva da asociación impulsa ao longo de todo o ano. Con propostas deste tipo, a entidade veciñal busca ofrecer ao seu contorno espazos de encontro e aprendizaxe sobre temas que interesan e afectan á comunidade.

0.15524888038635