A Banda de Música Municipal de Celanova, finalista nos Premios Martín Códax da Música

A Banda de Música Municipal de Celanova vén de ser seleccionada como finalista dos Premios Martín Códax da Música, un recoñecemento que supón un importante apoio ao seu traballo artístico e á súa traxectoria musical. O Concello celebra este nomeamento como un motivo de orgullo colectivo, que pon en valor o esforzo, a ilusión e a dedicación coas que desenvolven a súa actividade diaria.
A partir de agora ábrese unha nova fase na que o apoio do público será determinante, xa que os votos populares teñen un peso destacado no resultado final. Desde o Concello fan un chamamento á participación e animan á cidadanía a apoiar a súa candidatura e a difundir a iniciativa para dar maior visibilidade á música de Celanova. As persoas interesadas poden emitir o seu voto a través da web oficial dos premios: https://premiosmartincodaxdamusica.gal/vota/instruccions