A barbadesa, Uxía Romero, subcampiona de Europa Junior de Halterofilia

Uxía Romero Saco, barbadesa de 19 anos, converteuse onte na Subcampioa de Europa de Halterofilia Junior na competición celebrada na cidade polaca de Raszyn. Ademais, tamén gañou a medalla de bronce na modalidade de dous tempos.
Un resultado que a converte nunha das novas promesas deste deporte, e polo que o Concello de Barbadás asegura sentirse "cheos de orgullo".