A Biblioteca de Barbadás recibe o premio da Campaña de Animación á Lectura María Moliner

A Biblioteca Municipal de Barbadás ven de recibir, por segunda vez, o premio da Campaña de Animación á Lectura María Moliner polo proxecto “Mil cuentos, mil aventuras”, que engloba diferentes actividades ao longo do ano.
Catalina, unha tartaruga aventureira e amante dos libros, é a protagonista deste proxecto, e acompaña aos nenos e nenas do concello en todas as actividades que se desenvolven nas escolas, colexios e bibliotecas.
O obxectivo destas actividades é crear hábitos de lectura e escritura nas idades temperás, de forma amena e divertida, para os pequenos e pequenas descubran a importancia da lectura e das bibliotecas.
A través destas actividades, a Biblioteca Municipal de Barbadás promove valores como o respecto, a igualdade, a cooperación ou o coidado do medio ambiente.