A Biblioteca de Esgos acolle un obradoiro sobre o papel das mulleres na ciencia

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será este venres e combinará experimentación práctica con contidos educativos co obxectivo de achegar ao público participante figuras femininas destacadas no ámbito científico
obradoiro-cientifico-esgos
23 Jun 2026

A biblioteca municipal de Esgos será o escenario este venres 26 de xuño, ás 18:00 horas, do obradoiro “Conciencia de Muller”, unha actividade de carácter divulgativo centrada na ciencia e no papel das mulleres investigadoras galegas.

A proposta combina experimentación práctica con contidos educativos co obxectivo de achegar ao público participante figuras femininas destacadas no ámbito científico. Durante a sesión darase a coñecer o traballo de investigadoras como Ángeles Alvariño, Ramona Vaamonde ou Begoña Vila Costa, entre outras referentes da ciencia galega.

A actividade incluirá diferentes experimentos e dinámicas participativas pensadas para fomentar o interese pola investigación e poñer en valor as contribucións destas científicas ao avance do coñecemento.

0.1157751083374