A Biblioteca de Maceda acolle este xoves un obradoiro para elaborar visores para a eclipse de agosto

OurenseXa
A actividade ensinará á cativada a fabricar dispositivos para observar este fenómeno de forma segura
eclipse-solar
9 Jul 2026

A Biblioteca de Maceda acollerá este xoves, ás 11.00 horas, a segunda actividade do programa dedicado aos eclipses cun obradoiro práctico de elaboración de visores.

A proposta permitirá aos nenos e nenas construír os seus propios visores para observar os eclipses con seguridade, ao tempo que coñecen máis sobre este fenómeno astronómico a través dunha actividade lúdica e participativa.

Para asistir ao obradoiro, cada participante deberá levar unha caixa de cartón, como poden ser caixas de galletas, cereais ou similares, que se empregará na fabricación do visor.

A biblioteca anima á cativada a participar nesta actividade e a asistir acompañada dos seus amigos e amigas para compartir unha xornada de aprendizaxe e diversión.

0.14254713058472