A Biblioteca de Maceda programa para o mes de xullo unha charla divulgativa sobre o eclipse solar

OurenseXa
Será o vindeiro día 23 e estará impartida por Juan Nolasco, divulgador científico do Planetario do Porto
charla-eclipse-biblio-maceda
28 Jun 2026

A Biblioteca Pública Municipal de Maceda organiza unha actividade divulgativa centrada no eclipse solar previsto para o 12 de agosto de 2026, cunha proposta dirixida a público familiar.

A sesión achegará unha explicación sobre este tipo de fenómenos astronómicos e sobre como foron interpretados ao longo da historia, combinando relatos culturais, crenzas tradicionais e o enfoque científico actual.

A charla será impartida por Juan Nolasco, divulgador científico do Planetario do Porto, que ofrecerá unha aproximación didáctica ao estudo dos eclipses e ao seu impacto na humanidade.

A actividade terá lugar o xoves 23 de xullo ás 19:00 horas na propia Biblioteca Pública Municipal de Maceda e será de acceso gratuíto. A iniciativa busca fomentar o interese pola astronomía e a observación do ceo desde unha perspectiva divulgativa e accesible.

0.11344790458679