A Biblioteca Municipal de Avión renova o seu catálogo con novas lecturas para todas as idades

A Biblioteca Municipal de Avión renovou o seu catálogo coa chegada de novos exemplares, ampliando así a oferta de lectura dispoñible para os veciños da localidade. As incorporacións están dirixidas tanto ao público adulto coma ao infantil, de xeito que lectores de todas as idades poderán atopar novas propostas entre os andeis do centro.
A organización animou aos veciños a achegarse ás súas instalacións para coñecer de primeira man os títulos recentemente chegados e convidou especialmente a aproveitar estes días de outono para buscar un libro co que gozar da lectura.
A Biblioteca Municipal continúa así coa súa labor de renovación e actualización de fondos, unha tarefa habitual neste tipo de instalacións culturais que busca manter o interese dos usuarios e ofrecer alternativas de lecer e aprendizaxe accesibles para todos os públicos do municipio.