A Biblioteca Municipal de Barbadás organiza contacontos para os máis pequenos
OurenseXa
A biblioteca acollerá este xoves o obradoiro de contacontos “A granxa do señor Leiro”

5 Feb 2025
A Biblioteca Municipal de Barbadás, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Barbadás, organiza este xoves, 6 de febreiro, o obradoiro de contacontos “A granxa do señor Leiro”.
A actividade terá lugar de 17.30 a 18.30 e está destinada a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade. As inscricións poden realizarse a través da dirección de correo electrónico biblioteca@barbadas.es.