A Biblioteca Municipal de Barbadás pecha esta tarde o ciclo “Os xoves a biblioteca cóntache”

OurenseXa
A última sesión levará por título “Príncipas e princesos” e estará a cargo do narrador Pablísimo
principas-e-princesos-cartel
28 May 2026

A Biblioteca Municipal de Barbadás pecha esta tarde o ciclo “Os xoves a biblioteca cóntache”

A última sesión levará por título “Príncipas e princesos” e estará a cargo do narrador Pablísimo

A Biblioteca Municipal de Barbadás poñerá fin este xoves á programación especial das Letras Galegas co ciclo semanal de contacontos “Os xoves a biblioteca cóntache”, unha iniciativa orientada a fomentar a lectura en galego entre o público infantil.

A última sesión levará por título “Príncipas e princesos” e estará a cargo do narrador Pablísimo. A actividade propón unha historia pensada para nenos e nenas na que se abordan os estereotipos e os roles de xénero a través do relato e a participación.

O contacontos terá lugar este xoves ás 18:30 horas na Biblioteca Municipal de Barbadás, situada na Casa da Cultura Manuel María. A sesión está dirixida a público infantil de entre 4 e 8 anos.

Para participar é necesaria inscrición previa, que debe realizarse a través do correo electrónico biblioteca@barbadas.es, indicando o nome e apelidos, a idade e un teléfono de contacto.

0.12066197395325