A biblioteca municipal de Maceda logra o Premio María Moliner 2026

OurenseXa
O recoñecemento distingue o labor realizado arredor da lectura e a participación cidadá no municipio
libro-lectura-recurso
Imaxe de arquivo ilustrativa
28 Oct 2026

A Biblioteca Pública Municipal Francisco Carballo, situada en Maceda, foi recoñecida co Premio María Moliner 2026, un galardón de ámbito estatal que valora o traballo de fomento da lectura desenvolvido desde as bibliotecas públicas.

O Concello de Maceda quixo compartir o recoñecemento con toda a comunidade vinculada ao centro. Na mensaxe difundida trasládase que o premio pertence a todas as persoas que participan nas actividades da biblioteca, que colaboran e que, coa súa implicación, converten o espazo nun lugar vivo e dinámico.

Dende o Concello salientouse que unha biblioteca vai máis alá de ser un simple depósito de libros, entendéndoa tamén como un espazo construído polas persoas que a frecuentan e lle dan sentido día a día.

0.15973901748657