A Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas estrea actividades infantís de contacontos, lectura e inglés

O centro incorpora á súa programación sesións mensuais de animación á lectura e clases de inglés en horario de tarde, dirixidas a menores empadroados no Concello
biblioteca-libros
Imaxe de arquivo ilustrativa
1 Oct 2026

A Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas puxo en marcha unha nova programación de actividades pensada para o público infantil, que combina o fomento da lectura coa aprendizaxe de idiomas.

Entre as novidades destaca o 'Contacontos', unha sesión de contacontos que se celebrará o primeiro venres de cada mes, ás 18.00 horas, e que está dirixida a nenos e nenas a partir de 5 anos.

A esta iniciativa súmase o 'Club de Aventuras Literarias', pensado para un público algo maior, a partir de 7 anos, que se reunirá o terceiro venres de cada mes, tamén ás 18.00 horas.

A programación complétase con clases de inglés, organizadas en dous grupos segundo a idade dos participantes. Os martes en semanas alternas impartiranse as sesións para o grupo de 7 a 9 anos, mentres que os mércores, igualmente en semanas alternas, será a quenda do grupo de 10 a 12 anos. En ambos os casos, o horario establecido é ás 18.00 horas.

Dende a organización precísase que todas estas actividades están dirixidas a menores empadroados en San Cibrao das Viñas, ou cuxos proxenitores figuren empadroados no concello.

As inscripcións poden facerse directamente na Biblioteca Municipal ou a través do teléfono 988 382 809.

0.11447405815125