A Biblioteca Pública de Maceda inicia a programación especial da Eclipse Solar 2026 con actividades para nenos e nenas

OurenseXa
O programa inclúe obradoiros divulgativos para achegar o fenómeno astronómico á infancia con propostas prácticas e de seguridade na observación
eclipse-solar
1 Jul 2026

A Biblioteca Pública Municipal F. Carballo de Maceda pon en marcha a programación especial do Eclipse Solar 2026 cun conxunto de actividades dirixidas a nenos e nenas de entre 6 e 12 anos.

A primeira das propostas terá lugar o 2 de xullo ás 11:00 horas baixo o título “A eclipse nas túas mans”, unha actividade na que se traballará cunha maqueta en 3D para explicar como se produce unha eclipse solar.

A seguinte actividade celebrarase o 9 de xullo ás 11:00 horas co obradoiro “Obradoiro de visores de eclipse”, no que as persoas participantes elaborarán un visor propio e aprenderán a observar o Sol de forma segura.

A organización indica que estas son as primeiras accións do programa, que se completa con máis actividades recollidas no cartel informativo, das que se irá ampliando información proximamente.

0.094319105148315